O broche final dunha nova etapa
18/09/2026

O noso xeito de ser, facer e prestar servizo está a redefinirse e, con ela, a nosa forma de expresarnos. Por iso, como parte dun proceso de evolución que abarca o noso produto, tecnoloxía, organización e cultura, actualizamos tamén a nosa imaxe.
A nova identidade visual articúlase ao redor da transformación entendida como evolución estrutural e movemento común. Co novo tagline, for & by universities, manifestamos a nosa dobre natureza, aquela que nos permite formar parte da universidade á vez que impulsala grazas á perspectiva e presenza no sector tecnolóxico-educativo. As cores, por outra banda, combinan a elegancia institucional e a modernidade da tecnoloxía.
Hoxe, 18 de setembro de 2026 cúmprense exactamente 30 anos desde que SIGMA constituíuse oficialmente. Para celebralo, comprácenos anunciar o lanzamento da nosa nova web corporativa: un espazo á altura da actualidade do proxecto e da marca, deseñado para que todo o público potencial atope o seu lugar.