Ir ao contido principal

Asistimos á XVIII Noite dá Enxeñaría en Informática de Galicia

15/06/2026

Asistimos á XVIII Noite dá Enxeñaría en Informática de Galicia

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia acolleu o pasado 12 de xuño a XVIII edición da Noite dá Enxeñaría en Informática de Galicia. Esta é considerada unha das citas de referencia do sector TIC galego, e reuniu a máis de 500 asistentes entre representantes do tecido empresarial, a administración pública, o ámbito universitario e profesionais da tecnoloxía, nunha xornada na que se entregaron os premios anuais da profesión.

Asistimos a este encontro pola súa relevancia como espazo de referencia do ecosistema TIC galego. Participar permitiunos estreitar lazos con institucións e profesionais do sector, así como coñecer de primeira man os proxectos e iniciativas que están a impulsar a innovación tecnolóxica en Galicia.

Volver