O noso proxecto formativo segue activo e con maior percorrido
10/06/2025

Nova promoción Learning Center de SIGMA
O 10 de xuño de 2025 demos a benvida a unha nova promoción do Learning Center de SIGMA, o noso espazo de formación propio destinado a estudantes de Ciclos Formativos de Grao Superior, esta vez formada por oito estudantes en modalidade FP Dual intensiva. Esta divídese na fase formativa no Learning Center, desde xuño ata outubro, e a fase de prácticas en equipos técnicos, desde novembro ata o seguinte xuño.
A actual promoción, ademais, foi reforzada con sesións enfocadas en espertar e orientar as súas inquietudes en postos de traballo reais. Deste xeito, varios/as embaixadores/as de diferentes departamentos presentaron en que consisten as súas áreas co obxectivo de que o estudante realice as súas prácticas adoptando o perfil que máis lle interese para o seu futuro.
O noso programa garante unha alta calidade e rapidez de aprendizaxe posto que se basea en casos reais guiados por persoas expertas da casa en diferentes campos de coñecemento. O proxecto xa conta con 17 anos ás súas costas, durante os que se formou a máis de 600 estudantes, máis de 100 incorporados/as ao proxecto SIGMA.